A Reserva da Biosfera Área de Allariz foi declarada no 2005 pola UNESCO. Dende esa data ata a actualidade, a Reserva leva cumprindo axeitadamente as tres funcións fixadas no Marco Estatutario da Rede Mundial de Reserva da Biosfera: conservación das paisaxes e ecosistemas, especies e a súa variación xenética; fomentar un desenvolvemento económico e humano sostible e apoiar a proxectos de demostración, educación ambiental e capacitación, investigación e observación permanente de conservación e desenvolvemento sostible.
Modificación das zonas núcleo, tampón e transición
A Reserva da Biosfera Área de Allariz ten unha superficie de 21.356,10 hectáreas repartida nos 4 concellos que a forman: A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. Isto supón unha modificación respecto ao que existía no ano 2005, onde ocupaba 21.482 hectáreas. Os cambios fixéronse para adaptarse aos criterios fixados pola normativa estatal e autonómica.
En total, dentro da Reserva da Biosfera viven 9.667 persoas (datos de 2022). O reparto territorial destas persoas faise polas distintas zonas núcleo, tampón e transición, agrupando esta última entre o 90% e 95% do total. Na zona núcleo vive menos do 5% e na zona tampón entre o 5% e o 8%.
Dentro do ámbito territorial das Reservas da Biosfera delimítanse varios tipos de zonas, en función do interese que teñan para o mantemento da Reserva. Son:
Zonas núcleo
As Zonas Núcleo da Reserva son aquelas que polas súas características teñen un maior interese ecolóxico e de conservación a longo prazo. Temos que poñer especial atención en que as actividades que se realicen nestas áreas non sexan lesivas para o medio, dado que polas súas características teñen un alto valor. Nesta Reserva ocupa 982,01 hectáreas, un 4,60% da superficie total, cumplindo cos criterios da Lei 47/2007.
As Zonas Núcleo desta Reserva son a totalidade da superficie dos termos municipais de A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos integradas na ZEC Ponte Liñares e na ZEPA A Limia, espazos protexidos de Rede Natura 2000 que en Galicia, ademais, posúen a consideración legal de Espazos Naturais Protexidos. Para ambos espazos existe ademais un instrumento de xestión que é o Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia. Pódense destacar:
- O Briñal ou Escadas, o Canelar e o Foxo Vello en Allariz.
- As Veigas de Ponteliñares, o Castro de Castrelo e o Castro de San Miguel en Rairiz de Veiga.
- O Ruxidoiro en Vilar de Santos.
Táboa 1. Datos superficiais da zonificación no momento da declaración da Reserva da Biosfera Área de Allariz (2005) e os cambios do 2023. Fonte: Propuesta de modificación de la zonificación de la Reserva de Biosfera Área de Allariz
Zonas Tampón
Arrodeando ou limitando estas Zonas Núcleo, sitúanse as Zonas Tampón. A súa importancia dentro da Reserva é fundamental dado que son as áreas do territorio onde se centran a maior parte das actividades humanas. Nestas zonas foméntanse as actividades, ben produtivas ou ben para o lecer, que favorezan o equilibrio e o desenvolvemento dun xeito sostible no tempo. A súa superficie é de 9.986,03 hectáreas, o que supón un 46,76%.
Son Zonas Tampón:
- O Espazo Natural Protexido do Monumento Natural de A Carballa da Rocha. No ano 2005 formaba parte da Zona Núcleo pero carece de instrumento de xestión.
- Corredores fluviais que poseen un recoñecemento e medidas de xestión específicas, tal e como indica a Lei 42/2007, a normativa de augas e a Estratexia de Infraestrutura Verde estatal e autonómica.
Zona Exterior de Transición
Por último, o resto do territorio da Reserva é a chamada Zona Exterior de Transición. Como o seu nome indica, esta parte do territorio serve como transición entre a Reserva e os outros territorios. A súa superficie é de 10.388,06 hectáreas, un 48,64% do total.
Son Zonas de Transición:
- Núcleos urbanos.
- Áreas industriais e de servizo.
A Reserva da Biosfera contacta polo extremo sur coa Reserva da Biosfera Transfronteriza Gêres-Xurés, polo seu extremo norte dista 10,8 km en línea recta coa Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra que á súa vez está conectada co resto das Reservas da Biosfera de Galicia e do conxunto de Reservas da área Atlántica española.
Para coñecer máis información sobre a modificación da zonificación da Reserva da Biosfera Área de Allariz pódese facer a través desta ligazón.
Comentarios recentes