Allariz, pioneira na reciclaxe de todas as fraccións, foi o lugar escollido para dar comezo oficialmente á campaña Ourense Recopila ideada pola fundación Ecopilas, que se encarga en España da labor de concienciación e recollida de residuos de pilas, baterías e acumuladores.
Esta campaña é unha continuación dun proxecto piloto iniciado na provincia de Lugo o pasado ano e percorrerá diversos municipais da provincia de Ourense co obxectivo de que o cidadán deposite estes residuos nos contedores habilitados para este fin.
Unha carpa itinerante personalizada e un equipo de monitores medio ambientais será instalada en cada concello e informará, asesorará e concienciará á poboación sobre os obxectivos que se marca Ecopilas. Durante un ano a campaña busca aumentar os índices de recollida na provincia de Ourense.
Ourense Recopila contará cun servicio de recollida a través do teléfono 982 254 878, no que poderán contactar os responsables dos puntos de recollida de pilas de cada concello (casas consistoriais, centros educativos, farmacias, estancos, ferreterías, supermercados…)
Comentarios recentes