Baixo o lema “avanzando cara a unha economía circular nas Reservas da Biosfera” Allariz colabora coa Universidade de Vigo na celebración do curso de extensión universitaria Comedores Escolares Ecolóxicos, que terá lugar do 1 ao 5 de xullo.
Co obxectivo de visibilizar os impactos da compra de alimentos de proximidade nas economías locais, coñecer o funcionamento dos Eco-comedores ou realizar unha aprendizaxe social e de sustentabilidade, entre outros, Allariz forma parte desta iniciativa na que participarán representantes da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” e produtores locais como Horta Mimá, Ecoleia, O Rexo ou Carabuñas.
Inscricións: O prazo de inscrición está aberto ata o día 31 de maio. Maís información en ecoecoagro@uvigogal, no correo electrónico extension@uvigo.es ou no teléfono 986 813 626.
Comentarios recentes