[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O GDR Limia Arnoia organiza, en Allariz, un curso de tracción animal na horta


Ampliar Foto...
10/06/2019

Allariz acollerá o curso de Tracción animal na horta organizado polo grupo de desenvolvemento rural Limia Arnoia, xunto coa Asociación Galega de Tracción Animal - Á Molida e Aptran - Associação Portuguesa de Tracção Animal. A formación que terá lugar entre os días 27 e 30 de xuño desenvolverase na Horta de Mimá na que os e as participantes asistirán a diferentes conferencias impartidas por profesionais como Miguel de “Mimá”, João B. Rodrigues, médico veterinario de APTRAN, Abel Ibañez Marti, albardeiro e podólogo equino, Óscar Antón Pérez García enxeñeiro técnico agrícola e Ruth Labad, bióloga e produtora de hortalizas. A actividade formativa tamén terá a súa parte práctica na que se afondará na preparación do solo, traballos intercalraes en horta ou manexo e doma de animais para tracción animal, entre outros. Información e inscricións: http://www.limia-arnoia.gal/traccion-animal-en-horta/

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior