[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Elixidos os dez Xardíns de Cine que formarán parte do X Festival de Xardíns de Allariz


Ampliar Foto...
11/12/2018

O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os dez xardíns que formarán parte da décima edición do Festival dedicado aos Xardíns de Cine. Un tributo ao cine clásico en blanco e negro, inspiracións en películas tan coñecidas como Mery Poppins, “Mi tío” dirixida polo francés Jacques Tati ou o referente cinemátrográfico“Dog Ville”, así como alegorías á alfombra vermella, e outros interactivos nos que os visitantes poderán ser actores da súa propia película son os temas escollidos polos/as  paisaxistas e arquitectos/as seleccionados para formar parte da futura edición do Festival de Xardíns de Allariz, que estará aberta dende maio a outubro de 2019. O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Guillermo Cuadrado  (Presidente da Asociación Española de Paisajismo), Teresa Vicente Franqueira e Zoa Martínez da Asociación de Graduados en Paisaxismo xunto con Ignacio Somovilla, do sector do turismo e xornalismo (Bomarzo – Garden Tours), e da parte do concello de Allariz, Celestino Feijóo, director de urbanismo, Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente e Francisco García, ex alcalde e agora director do Festival de Xardíns elixiron, esta mañá, dez novos xardíns que ocuparán o recinto xunto co xardín gañador da pasada edición “O xardín prohibido” e o xardín deseñado polos centros docentes de Allariz.  Foron elixidos de entre 37 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Ourense, Madrid, Barcelona, Arxentina, Chile, Italia, Estados Unidos ou Edimburgo, entre outros.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior