[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Os concellos de Allariz e A Bola colaboran, con Xeitura, na segunda edición das Xornadas do Románico


Ampliar Foto...
19/11/2018

Os concellos de Allariz e A Bola colaboran coa cooperativa alaricana, Xeitura, na organización da segunda edición das Xornadas do Románico, que terá lugar os días 8 e 9 de decembro en Allariz. Un encontro que busca potenciar o valor o patrimonio románico ubicado no entorno do río Arnoia. A actividade permitirá recorrer, nun día e medio, ata nove templos románicos cun guía oficial: as igrexas alaricanas de Santiago, San Estevo, San Pedro e Santa Mariña de Vilanova, a de San Breixo de Queiroás e a de Santa Mariña de Augas Santas, así como os templos de San Jorge da Touza (Taboadela), San Pedro de A Mezquita (A Merca) e San Munio da Veiga (A Bola). A programación completarase con visitas ao conxunto arqueolóxico de Armea e aos museos alaricanos e inclúe, por unha entrada de 40€ anticipada e 50€ a xeral, acompañamento guiado con guía oficial, o xantar da fin de semana, seguro de responsabilidade civil, servizo de transporte e descontos para compras en diferentes establecementos de Allariz¡, como Fina Rei, Maruxairas, Fío de Liño, Aira das Letras e Bencomún Espazo). Estas xornadas servirán, ademais, como explican dende Xeitura, como xerme da creación dunha Ruta do Románico do Arnoia que previsiblemente se estreará en Semana Santa e se realice, de xeito periódico, todos os sábado do verán.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior