[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz achégase ao obxectivo do 50% de lixo reciclado


Ampliar Foto...
20/09/2018

A área de Medio Ambiente do Concello de Allariz segue encamiñando o seu esforzo na mellora continua do programa RE. A Alcaldesa, Cristina Cid, xunto co concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, e a representante da Asociación Ecoloxista Adega, deron a coñecer os bos resultados do programa de reciclaxe e compostaxe ao remate de verán. A adquisición dun novo camión facilita a recollida porta a porta dos espazos hostaleiros e comerciais e permite optimizar o servizo. Ao longo do mes de agosto no que se incorporou o camión ao programa RE, froito dunha axuda a través do programa Pyma do Ministerio de Medio Ambiente, recolléronse 300 colectores de entre 80 e 120 litros con resultados de materia orgánica que ascenden aos 15.000 kilos. O aumento na reciclaxe de materia orgánica ten un reflexo positivo no aumento de reciclaxe das outras fraccións. A mellora é dun 15% no cartón e vidro e do 10% na fracción de envases. Estas datos, que roldan o 40% de lixo recuperado, aproxímanse ao obxectivo que se marcou o Concello de chegar ao 50% no ano 2020 e que sitúan a Allariz por riba da taxa de reciclaxe do resto de Galicia. A información, concienciación e sensibilización son patas principais deste programa para seguir no bo camiño. Por elo a Asociación ADEGA, colabora coa área de medio ambiente, no reparto de compostoiros (300 ata o de agora) e impartindo charlas informativas na vila e no rural. Xornada sobre compostaxe O martes 25 de setembro terá lugar, en Allariz, unha xornada sobre a compostaxe co obxectivo de mostrar á cidadanía os resultados de tres anos dende que se instalaron os compostoiros comunitarios e as melloras na separación selectiva, recollida de vidro e restos orgánicos na hostalaría, entre outras. Aproveitarase a ocasión para coñecer experiencias que se están a levar a cabo noutros lugares como a que se desenvolveu en Larrabetzu (Bilbao) consistente na separación selectiva da materia orgánica e posterior tratamento por parte de diferentes agricultores. Estas charlas trasladaranse, en outubro, ás parroquias de Gundiás e O Mato.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior