[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz acolle o curso de verán Paisaxes en Produción


Ampliar Foto...
28/06/2018

Allariz acollerá, do 11 ao 14 de xullo, o curso de verán Paisaxes en Produción que organiza a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Allariz e a Fundación Juana de Vega coa colaboración das empresas Finsa e Aceites Abril. O curso de verán dirixido a estudantes universitarios e alumnos de bacharelato e pequenos empresarios do rural, propón imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía do medio. As diferentes temáticas estarán relacionadas na percepción da paisaxe capaz de articular e por en valor os bens ecolóxicos, produtivos e culturais do lugar. No curso, fundamentalmente práctico, intervirán profesores de recoñecido prestixio así como tamén o arquitecto internacional David Chipperfield. Información e inscricións ata o día 29 de xuño en www.allariz.gal/paisaxes

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior