[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O programa RE inicia unha nova campaña de información porta a porta


Ampliar Foto...
27/06/2018

O Concello de Allariz pon en marcha unha nova campaña de información porta a porta coa finalidade de conseguir un incremento na taxa de reciclaxe. Técnicas da Asociación ADEGA visitarán, de novo, aos veciños de Allariz para reforzar a separación do lixo, incidindo na reutilización da materia orgánica así como na importancia de separar o aceita doméstico usado para o que entregarán un funil para facilitar a súa reciclaxe. Esta campaña conta co financiamento do programa PIMA do Ministerio de Medio Ambiente a través dunha axuda que ascende a 52.000€ que tamén permitiu a compra dun camión que se encargará da recollida porta a porta da materia orgánica aos locais de hostalería. O Programa RE iniciábase hai tres anos como unha grande aposta municipal co obxectivo de separar e reutilizar a materia orgánica. Hoxe están participando o 40% dos alaricanos aínda que se agarda conseguir chegar ao 90%.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior