[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
DiálogosRB.net, coñecementos prácticos das reservas da biosfera (RBs) para un desenvolvemento sostible


Ampliar Foto...
09/02/2018

A Reserva da Biosfera Área de Allariz participou, xunto con outras catro, nun proxecto pioneiro para reunir os seus coñecementos prácticos e poñelos a disposición. Durante 2017 un equipo formado polos xestores e algúns técnicos das reservas participantes e un grupo de científicos traballaron en estreita colaboración para reunir e expoñer os coñecementos adquiridos na práctica do desenvolvemento sostible nas RBs de Allariz, Alto Bernesga, Montseny, Serra das Neves e Lanzarote. O proxecto foi o resultado dun acordo entre as entidades responsables das cinco RBs e a Fundación Ramón González Ferreiro, de Allariz. Para o seu desenvolvemento contou co apoio da Fundación biodiversidade, do Ministerio de Agricultura e Pesca. Alimentación e Medio Ambiente. DiálogosRB.net é unha Rede de coñecementos da Rede Española de Reservas da Biosfera, representada nesta iniciativa polas cinco RBs citadas. Os seus resultados son aplicables non ´so nas 48 RBs españolas, senón tamén noutras moitas situacións onde se trata de aplicar criterios de sostibilidade ao desenvolvemento. De igual modo experiencias doutras RB poderían contribuír a completar os coñecementos reunidos en DiálogosRB.net. Agardando que nesta primeira etapa de DiálogosRB.net sexa o inicio dun largo camiño de sumar coñecementos dispersos para beneficio de todos os interesados. A Rede de coñecementos de DiálogosRB.net estivo aberta a outros participantes externos que colaboraron voluntariamente. Ademais das 17 persoas integrantes do equipo participaron outras 38 persoas, aportando información sobre as experiencias, discutindo os temas propostos a debate ou aplicando os materiais do proxecto en actividades de prácticas docentes universitarias. A pesar das diferenzas de detalle entre as cinco experiencias estudadas hai compoñentes transversais que son de aplicación a todas ou a varias delas e, de igual xeito, son extensibles a outras RBs e outros lugares. Os resultados estarán dispoñibles a partir do 15 de febreiro en dialogosrb.es ou en dialogosrb.net.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21

diálogos RB


marco inferior