[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Allariz porá en marcha o obradoiro de emprego ambiental


Ampliar Foto...
22/08/2017

O Concello de Allariz xunto cos concellos limítrofes da Bola, Taboadela e Vilar de Santos porán en marcha, a finais de setembro o obradoiro de emprego “Reserva da Biosfera II”. O proxecto, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, inclúe a participación de 20 traballadores/as dos concellos antes mencionados e debidamente inscritos no código de obradoiros na oficina de emprego correspondente. O obradoiro levará a cabo a recuperación e posta en valor de zonas verdes nos municipios enmarcados na Area de Allariz e os participantes realizarán, durante 9 meses, labores ambientais e de mantemento. O obradoiro capacita aos alumnos/as para obter o certificado de profesionalidade nas actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinaría. Máis información: Promoción Económica de Allariz 988 442 210 – desenvolvemento@allariz.com

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior