[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
Os centros docentes de Allariz participan nas actividades da Campaña de prevención e control das especies exóticas invasoras nas Reserva da Biosfera de Galicia


Ampliar Foto...
19/05/2017

O colexio e o instituto de Allariz acollen hoxe a campaña No seu Lugar de prevención e control das especies exóticas invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia promovida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación ambiental de Galicia. Durante esta mañá o alumnado asistirá a unha charla divulgativa sobre a Reserva da Biosfera e a problemática das especies exóticas invasoras e tamén participará no xogo “No seu lugar” no que se revisarán de xeito divertido os conceptos explicados na charla. A actividade rematará cun debate-reflexión dinamizado polo educador. O obxectivo desta actividade pasa por dar a coñecer aos mozos e mozas da localidade o concepto de reserva e a súa vinculación co territorio ademais de centrarse nas especies invasoras e os seus efectos. As charlas tratan de favorecer a comprensión dos problemas ambientais, económicos e sanitarios que causan as especies exóticas invasoras e divulgar e sensibilizar sobre o impacto na biodiversidade e na sociedade.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior