[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

 
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz participará, esta fin de semana, na XIV Mostra de cultivos do Baixo Miño


Ampliar Foto...
01/03/2017

O Concello de Allariz está convidado a participar na XIV Mostra de cultivos do Baixo Miño, que terá lugar os días 4 e 5 de marzo, en Tomiño, onde se exhibirán as producións de planta ornamental e as novidades xurdidas no sector. A través dun stand “vivo” Allariz dará a coñecer o Festival Internacional de Xardíns de Allariz “cunha recreación viva con elementos decorativos novidosos que, de seguro, chamará a atención dos visitantes”, explicaba o concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela. Ademais haberá un espazo de exposición na que se mostrarán diferentes fotografías dos xardíns de Allariz. A Asociación Cultivos Baixo Miño (Acubam), organizadora da Mostra, e o Concello de Allariz levan tempo colaborando, a través de convenios de colaboración en relación ao Festival de Xardíns.

 

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior