[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

» Información » A Zonificación
 
A Zonificación nas Reservas da Biosfera

Dentro do ámbito territorial das Reservas da Biosfera delimítanse varios tipos de zonas, en función do interese que teñan para o mantemento da Reserva; estas son:

  • ZONAS NÚCLEO
  • ZONAS TAMPÓN
  • ZONAS EXTERIORES DE TRANSICIÓN

 


 

 Zonas Núcleo

As zonas núcleo da Reserva son aquelas que polas súas características teñen un maior interese ecolóxico e de onservación a longo prazo. Temos que poñer especial atención en que as actividades que se realicen nestas áreas non sexan lesivas para o medio, dado que polas súas características teñen un alto valor.

As Zonas núcleo deste Reserva son:

  • No concello de Allariz
    1. O Briñal ou Escadas: Son 13 Has. dun tramo ben conservado da vexetación de ribeira do río Arnoia.
    2. O Canelar: Ten 63 Has., na confluencia dos regatos de Fontes e do Canelar.
    3. O Foxo Vello: É outra zona ás beiras dun regato, que ocupa 1 Ha.

  • No concello de Rairiz de Veiga:
    1. As Veigas de Ponteliñares: Incluídas dentro da Rede Natura 2000, constitúen un reducto da paisaxe anterior ao desecamento da Lagoa de Antela. Ocupa unha superficie de 51 Has.
    2. A Carballa da Saínza, cunha extensión de 1 Ha, acolle un exemplar de carballo con nome propio, “A carballa da Saínza” ou “da Rocha”. Declarada monumento natural.
    3. O Castro de Castrelo: Con 8 Has. na que os vestixios arqueolóxicos teñen unha especial importancia.
    4. O Castro de San Miguel, de 3.5 Has.: É outra área con especial interese patrimonial alén de ser un magnífico observatorio das Veigas de Ponteliñares.

  • No concello de Vilar de Santos:
    1. O Ruxidoiro: cunha extensión de 7.7 Has., e nel concéntranse enterramentos prehistóricos e ecosistemas de bosque autóctono ben conservado constituídos por carballos centenarios.

 


 

 Zonas Tampón

Arrodeando ou limitando estas Zonas Núcleo, sitúanse as Zonas Tampón. A súa importancia dentro da Reserva é fundamental dado que son as áreas do territorio onde se centran a maior parte das actividades humanas. Nestas zonas foméntanse as actividades, xa produtivas, xa para o lecer, que favorezan o equilibrio e o desenvolvemento dun xeito sostible no tempo.

 


 

 Zona Exterior de Transición

Por último, o resto do territorio da Reserva é a chamada Zona Exterior de Transición. Como
o seu nome indica, esta parte do territorio serve como transición entre a Reserva e os outros territorios.

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior