[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

» Núcleos de Sostibilidade
 
Núcleos de Sostibilidade

A preocupación mundial polo desenvolvemento sostible.


Xa no ano 1972, a Conferencia das Nacións Unidas reunida en Estocolmo falou por primeira vez da necesidade de advertir ao mundo dos perigos do desenvolvemento sen control. Quince anos máis tarde, no 1987, a Comisión Mundial para o Desenvolvemento e o Medio Ambiente publicou un relatorio titulado “O noso futuro común”; neste informe empregousepor primeira vezotermo “desenvolvemento sostible”.

No entanto, aínda tiveron que pasar vinte longos anos para que no chamado Cumio da Terra celebrado en Brasil en 1992, se conseguise un amplo acordo intergobernamental que se había plasmar na concreción de cinco documentos:

  1. Declaración de Río sobre Medio e Desenvolvemento.
  2. Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático
  3. Convenio sobre a Diversidade Biolóxica. 
  4. Axenda 21. 
  5. Principios sobre o manexo, a conservación e o desenvolvemento sostible dos bosques.

Neste informe defínese o desenvolvemento sostible como aquela forma de desenvolvemento que satisface as necesidades do presente sen comprometer as do futuro e nel destacan tres conceptos fundamentais:

  1. O recoñecemento de que xa non se pode tomar decisións sobre política económica sen ter en conta as repercusións ambientais.
  2. A importancia de non pensar só en crear riqueza, senón tamén en que o seu reparto sexa equitativo.
  3. E por último a máis novidosa de todas, “recoñecer os dereitos das xera¬cións futuras”.

En resumo: O desenvolvemento sostible debe ser entendido como un crecemento económico que promova o progreso e o equilibrio social e que, ao mesmo tempo, faga un uso racional dos recursos sen producir deterioro no medio ambiente e sen hipotecar o futuro.

Baixo esta idea nacen en Galicia, impulsa¬os pola Xunta de Galicia.

OS NÚCLEOS DE SOSTIBILIDADE
O obxectivo deste proxecto, a desenvolver inicialmente como experiencia piloto, é posibilitar a integración, a nivel local, de todalas accións susceptibles de ser promovidas ou respaldadas polas administracións municipal e autonómica que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible, coordinándoas en aplicación dos diversos instrumentos que se poden implementar (Avaliación estratéxica da sostibilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal, etc). Para iso elabóraranse, de forma simultánea e harmonizada, todas estas ferramentas de planificación da sostibilidade, co fin de deseñar un “Plan Integrado de Sostibilidade Local”, vertebrando actuacións que serán consideradas de carácter prioritario, non só pola Administración local senón tamén polas de orde superior, e que por tanto, recibirán o apoio preferente destas para a súa execución posterior.

O plan integrado de sostibilidade local será pois o instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do concello, onde se sentarán as bases dun proxecto a longo prazo, definindo liñas de acción específicas que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas Administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal para satisfacer todalas necesidades comúns, estructurais ou innovadoras. Para adaptar as súas propostas aos cambios e movementos no tempo, de acordo coas condicións políticas, económicas, sociais e tecnolóxicas de desenvolvemento, conterá indicadores de seguimento sobre os resultados, sempre contando coa participa¬ción dos axentes sociais e económicos. Os municipios ou entidades locais nos que se leve a cabo esta acción recibirán a denominación de “Núcleos de sostibilidade”.

Con data de 17 de setembro de 2006, reuniuse en Santiago de Compostela a Comisión Mixta da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Federación Galega de Municipios que, tras un estudo das solicitudes presentadas ao Anuncio publicado no DOGA, no mes de abril de 2006 polo que se lle deu publicidade ao proxecto de implantación de núcleos de sostibilidade, decidiu por unanimidade a selección de sete “Núcleos de sostibilidade” entre eles a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, que comprende os concellos de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, representados pola Asociación para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural da Reserva da Biosfera “Area de Allariz”.

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior