[ inicio ]
 
marcosuperior


Reserva da Biosfera
"Área de Allariz"


Centro Promoción Económica
Rúa do Portelo, 4
32660 Allariz - Ourense

Tlf. 988 44 22 10
info@areadeallariz.com


 

» A Biodiversidade » A Flora
 
A flora da reserva

A Area da Reserva está formada por unha ampla depresión, cunha altitude media de 600 m, por onde decorre o río Limia, e rodeada dun reborde montañoso do que destaca na súa parte norte o macizo granítico de Allariz, por onde decorre encaixado o río Arnoia. É un territorio de enorme importancia bioxeográfica, xa que é fronteirizo entre dúas grandes rexións que coexisten na Península Ibérica, a Mediterránea e a Eurosiberiana. Toda a zona presenta unha paisaxe agraria tradicional, fortemente intervida polo home desde tempos remotos. Non falamos pois dun territorio salvaxe ou virxe senón, polo contrario, dunha paisaxe na que a man do home xoga un papel xa inseparable do seu futuro; é por iso, que o abandono da terra carrexa con suma rapidez o deterioro da paisaxe, xa que nela a compoñente cultural resulta tan importante como a propia natureza.


Podemos determinar tres unidades que son merecedoras de protección:

  • As veigas do río Limia e as ribeiras do Arnoia e Orille; as primeiras son terreos encravados nas marxes do canal da antiga lagoa Antela (en Rairiz de Veiga e Vilar de Santos), e as segundas son as beiras dos ríos nomeados ao seu paso por Allariz e A Bola respectivamente. Nelas destaca pola súa importancia a vexetación de ribeira, desde o amieiro (Alnus glutinosa), árbore máis abondosa nestes ecosistemas, ata o bidueiro (Betula celtiberica), o salgueiro (Salix sp.) e arbustos como o sanguiño (Frangula alnus) ou o espiño albar (Crataegus monogyna). Podemos tamén atopar unha vexetación mergullada dependente dos nutrintes das augas para o seu crecemento e desenvolvemento, como ranúnculos (Ranunculus), espigas de auga (Potamogeton), ou nenúfares (Nymphaea). Máis próximas ás beiras, aparecen o carrizo, a espadana, a cana e o beón.

  • As touzas, un mosaico de prados e cultivos separados por manchas arboradas, masas boscosas mixtas de carballos e “cerquiños”, cunha grande diversidade específica, e que son unidades climáticas de alto valor ecolóxico. Estes bosques de transición entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana presentan unha maior diversidade de especies, chegando a alcanzar máis de 110 diferentes.

  • As sebes, zonas arbóreas situadas entre os campos de cultivo onde aparecen exemplares de gran porte e bo estado de conservación como carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), freixos (Fraxinus angustifolia), bidueiros (Betula celtiberica), castiñeiros (Castanea sativa), amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix sp). Estas sebes supoñen unha importante reserva natural de flora autóctona, o que se traduce nun alto valor medioambiental como elemento de conservación da diversidade de especies vexetais.

Todas estas unidades están espacial e ecolóxicamente interrelacionadas.

 


Reserva Virtual 2.0 - Toda a información Dixitalizada

Proxecto il-Muller

Fundación Biodiversidad

Núcleos de Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente

Grupo de Acción Local Avinza GDR-15

Plan de Acción - Núcleos de Sostentabilidade - Axenda 21


marco inferior